Monday 29 de April de 2024

Contacontos na Escola Infantil Municipal


A Escola Infantil Municipal de Riveira está dando cabida no día de hoxe a unha actividade promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello, consistente nun espectáculo contacontos a cargo da narradora Raquel Queizás.

A actuación está destinada a promover o coñecemento e uso da lingua galega entre as xeracións máis noviñas do municipio, así como estimular as habilidades de psicomotricidade e a percepción espacial dos pequenos. A obra titúlase “Nanocontos”.

O primeiro dos pases tivo lugar ás 10.30 horas.